A Xeración da Igualdade 2022

A xeracion da igualdade 2022

O proxecto desenvólvese ante a necesidade, sobre todo nos centros educativos do rural, de sensibilizar a sociedade ao redor dos temas de igualdade, a erradicaión da violencia de xénero e potenciar a coeducación e a corresponsabilidade.

Deste xeito, as actuacións que plantexamos veñen encamiñadas, todas elas ,a tratar de visibilizar ás mulleres, de potenciar o seu labor e a súa traxectoria na sociedade e de dinamizar unha nova consciencia social en prol da igualdade de xénero.

Tamén programamos actuacións e intervencións que visibilizan os problemas da violencia de xénero, que tratan de educar e concienciar ás crianzas e as persoas adolescentes e sensibilizan as familias e ao profesorado dos centros tratando de chegar a estas persoas dun xeito ameno e lonxe da dogmatización.

Intervencións xeracion igualdade 2022Obradoiros xeracion igualdade 2022

As actuacións levanse adiante dende Marzo a Decembro de 2022 nos concellos de: Carballo, Cabana de bergantiños, Coristanco, A Laracha , Laxe, Malpica de Brgantiños, Ponteceso, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas e outros da provincia da Coruña.

Para poder desenvolver o proxecto contamos co apoio da Deputación da Coruña a través da Subvención: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS DE POLÍTICAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2022 (FOIO0A/2022)

Grazas ó seu apoio en 2022 faranse más de 100 obradoiros e 20 intervencións.

Para ver os resultados do ano pasado fai click aquí.