A Xeración da Igualdade

A Xeración da Igualdade

O programa «A Xeración da Igualdade» foi beneficiario da subvención FOIO0A da Deputación provincial da Coruña. Actividades de Igualdade na Costa da Morte 2021. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021.

A Deputación da Coruña financiou o 80% do programa cunha aportación de 5.936 eur.

Gracias a esta axuda puidemos levar adiante unha totalidade de 65 obradoiros chegando a máis de 1.200 persoas: alumnado, profesorado e familias.

O número de centros educativos beneficiados do programa foron 11: Ceip Milladoiro, Ceip As Forcadas, Ceip Joaquín Rodríguez Otero, IES Urbano Lugrís, IES Maximino Romero de Lema, Cpi Cabo da Area, Cpi Alcalde Xosé Pichel, Cpi As Revoltas, Ceip San Vicenzo, Cra Nosa Señora do Faro, Ceip Caión.

Os municipios implicados na actividade: Malpica, Seaia, Corme, Buño, Laxe, Baio, Coristanco, Caión, Cabana, Vimianzo e Tallo.