A Asociación Visibles persegue entre as súas liñas estratéxicas, capacitar en competencias dixitais como vía para mellorar as opcións de emprego, e mesmo a súa autoconfianza e motivación para abordar proxectos e/ou novas opcións de traballo. Esta iniciativa en concreto, pretende “formar, motivar e activar a mulleres do ámbito rural, incrementando a súa influencia persoal e profesional”.
Se coñeces a alguén ou estás interesada en participar, non dubides en reservar a túa praza chamando ao 687 99 66 33 ou enviando un correo electrónico info@asociacionvisibles.com (prazas moi limitadas)
Solicita a túa praza e ven aprender, intercambiar experiencias e crear novas oportunidades.
Compartir
Seguir nas redes