CURSOS DE FORMACIÓN | Asociacion Visibles
15686
post-template-default,single,single-post,postid-15686,single-format-standard,bridge-core-1.0.5,et_divi_builder,vcwb,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-18.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_top,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.2,vc_responsive,et-pb-theme-bridge,et-db,et_minified_js,et_minified_css
 

CURSO FORMATIVO EN MALPICA: Aprendizaxes básicos dixitais e transversais.

CURSO FORMATIVO EN MALPICA: Aprendizaxes básicos dixitais e transversais.

A Asociación Visibles persegue entre as súas liñas estratéxicas, capacitar en competencias dixitais como vía para mellorar as opcións de emprego, e mesmo a súa autoconfianza e motivación para abordar proxectos e/ou novas opcións de traballo. Esta iniciativa en concreto, pretende “formar, motivar e activar a mulleres do ámbito rural, impulsando o acceso ou a mellora ao emprego”.

En colaboración coa Concellería de Política Social e co Fondo Social Europeo abrimos hoxe, 20 de Outubro, o prazo de inscripción para o curso de «Aprendizaxes básicos dixitais e transversais».

 

-A actividade formativa vai dirixida a mulleres en procura de emprego ou a todas aquelas, que aínda estando en activo, queiran mellorar o seu perfil profesional a través do desenvolvemento de habilidades dixitais e transversais (sociais, laborais e emocionais).

-O curso ten unha duración de 90 horas e desenvolverase do 30 de Outubro ao 30 de Novembro en modalidade presencial no edificio de Centro Cívico de Malpica: Rúa Ventorrillo s/n, en horario de 16:00 a 20:00 h.

Non se precisan coñecementos previos nin é mandatorio residir no concello no que se imparte a formación.

 

Se coñeces a alguén ou estás interesada en participar, non dubides en reservar a túa praza chamando ao 687 99 66 33 ou enviando un correo electrónico info@asociacionvisibles.com (prazas limitadas)

 

Compartir ⬇ 

 

Seguir nas redes ⬇

 


 

 

 

 

 

 

 

No Comments

Post A Comment