Obradoiros de igualdade: Cambiando o conto

Portada do libro cambiando o conto

–>Preme aquí para descargar o .pdf coa publicación do libro «Cambiando o Conto»

Se os contos estiveran ceibes de estereotipos.

Moitas das desigualdades veñen pola adquisición desde que nacemos duns roles
e estereotipos de xénero discriminatorios para a muller. A familia, a educación, o grupo de iguais…son uns dos axentes socializadores máis importantes e influintes no desenrolo
da persoa. A educación é a ferramenta máis potente e revolucionaria para fomentar a
promoción da cultura da igualdade. É determinante que se promova a muller, a sua imaxe en positivo e que se extenda o rexeitamento o sistema patriarcal e o machismo.

Neste obradoiro pretendemos crear unha actitude crítica entre o alumnado para cuestionar a realidade social donde viven. Que tamén cuestionen as crenzas estereotipadas de xénero e os roles tan interiorizados e intenten coñecer a verdadeira complexidade do problema.

Utilizaremos o formato audiovisual para amosar experimentos realizados sobre roles e
estereotipos de xénero. Sobre estas visualizacions, fomentaremos os momentos de reflexión e a posterior posta en común das opinions do alumnado. E por último, promoveremos a creatividade mediante a creación dun conto ceibe de estereotipos sexistas a partires dun conto tradicional.