Marcha Nocturna: A noite lila, a rúa é nosa!

Marcha nocturna de mulleres e percorrido circular. / Polo centro da Vila de Malpica de Bergantiños.

Objectivos:
1. Empoderar a muller dos espazos públicos e da noite
2. Visibilizar as intimidacions e o acoso que sofre a muller nestes espazos.

Data e lugar de realización: 7 de Marzo de 2020, a partires das 19:30h en Malpica de Bergantiños.
Saida do percorrido da praza Villar Amigo.

¿É o mesmo camiñar soa o caminar só de noite pola rúa?…
Existe unha gran desigualdade, un sentimento de pánico, un estado de alerta que percebimos como natural e que dase tan só nun dos sexos. Os valores patriarcais seguen a dominar os espazos donde nos movemos, estes valores fan que a rúa e os espazos públicos foran e estean feitos para os homes.
A muller que camiña soa pola rúa vese como unha “intrusa” no seu territorio, interpretase como un escaparate, como algo que se pode mirar, piropear, propoñer, algo como sexualmente dispoñible.

É raro que un home experimente esta sensación de medo, de inseguridade. Levamos este estado de pánico tan interiorizado e normalizado que apenas o recoñecemos como una violencia machista.
Pero o sistema é o causante deste medo obtindo así unha clara forma de control, creando así un claro estado de opresión producto desta violencia estructural que nos limita e vulnerabiliza.
As mulleres deberíamos poder sentirnos seguras en tódolos espazos e tódalas situacione, e unha delas é a noite. Non so son estes espazos os que nos alertan en si. Son o acoso pola rúa e a intimidación sexual ás que vemonos sometidas practicamente tódalas mulleres nalgún momento da nosa vida os que nos provocan estas inseguridades de camiñar soas pola rúa.
En denuncia da normalización desta intimidación sexual e tamén de todas as desigualdades e falta de oportunidades sofridas polas mulleres propoñemos esta Marcha Nocturna.
Un ponto de encontro, un percorrido xuntas e unha meta común: denunciar todas as desigualdades cotians e normalizadas que só nos ocorren ás mulleres polo feito de ser mulleres.