Asociación Visibles presenta o inspirador programa:
«A Xeración da Igualdade – Actividades de igualdade para os centros educativos«.
Centrado no cultivo da equidade a través de actividades e obradoiros dirixidos a todos as persoas participantes no sistema educativo: alumnado, profesorado e familias.
En Visibles entendemos a educación como a ferramenta máis poderosa para promover unha cultura de igualdade, respecto e loita contra a violencia de xénero. Esta iniciativa abrangue intervencións e obradoiros dende Educación Infantil ata Ciclos Formativos, pasando por Primaria e ESO. Os obradoiros céntranse en promover a igualdade e rexeitar o sistema patriarcal e o machismo.
Entre as intervencións destacadas atópanse «A Comunidade Vagalume», «Mulleres Visibles» , «Non Me Contes Películas», “Explorando a Nosa Sexualidade”…coa participación de destacadas dinamizadoras como Carol Strate (sexóloga e xinecóloga), David Kaplún (antropólogo e documentalista), Candela Martínez (nutricionista especialista en saúde da muller) ou Olalla Trigo (integradora social, experta en co-educación afectivo-sexual e en intervención social ante a violencia de xénero).
Concellos, CIM ou Centros Educativos, non esquezades reservar os vosos obradoiros e formar parte deste importante impulso cara á igualdade!