Os vídeos son unha poderosa ferramenta para crear conciencia sobre os problemas sociais debido á súa capacidade para transmitir mensaxes dun xeito visual e emocionalmente impactante. No contexto de estas cuestións como os dereitos das mulleres, a migración e a vida no medio rural, os vídeos poden desempeñar un papel crucial na sensibilización e no fomento da comprensión.
Ademais, a difusión de vídeos a través de plataformas en liña permítenos chegar a audiencias globais, amplificando o alcance das mensaxes de concienciación sobre temas sociais.
En definitiva, os vídeos son unha ferramenta eficaz para concienciar sobre estes temas ao ofrecer unha experiencia inmersiva que pode repercutir emocionalmente na audiencia, fomentar a empatía e promover accións positivas cara ao cambio social.
8 Mulleres 8 Palabras
Este vídeo, realizado no ano 2021 para o concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña), é un tributo á enorme contribución de todas as mulleres do mundo para o avance da sociedade en todas as súas dimensións, mentres desandamos o camiño da desigualdade.
Lembraste? #mulleresmigrantes
Asociación Visibles realiza e produce este vídeo no eido do «Día Internacional das Persoas Migrantes» que se celebra cada ano o 18 de Decembro.
#somosmulleresrurais
Vídeo realizado con motivo da celebración do «Día internacional da muller rural». Con él pretendemos desmitificar a visión e a imaxe máis estereotipada da muller rural e visibilizar a gran diversidade de mulleres que formamos parte deste ámbito.