«A Viaxe Con-Sentido» é unha minibiblioteca itinerante composta por máis de 30 libros, enfocada na igualdade de xénero e no benestar integral da infancia e adolescencia, ofrecendo múltiples beneficios para os centros educativos e o seu alumnado. Ademais ofrece recursos sobre a educación sexual integral, sobre o consentimento, o bo trato, as relacións saudables… contribuíndo á prevención da violencia de xénero. Tamén proporciona recursos específicos para a adolescencia, facilitando a comprensión dos retos e cambios nesta etapa crucial.
Esta intervención é gratuíta (en número limitado) para todos os centros educativos interesados e será axendada por estrita orde de petición. Conta co apoio da Deputación da Coruña a través das subvencións: FOIO0A (Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2024), e FOIO0B (Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de políticas de xénero 2024)
Se considerades que esta intervención pode ser de interese ou axustarse aos obxectivos e propostas do voso centro, invitámosvos a contactar con nós para obter máis información: info@asociacionvisibles.com
Algúns dos títulos incluidos na minibiblioteca itinerante «A Viaxe Con-Sentido» son:
Ter o período mola… Pero hai que saber como funciona. Que é a menstruación? Como te transforma o ciclo menstrual? Doe o período? Que opcións tes para evitar mancharte? O primeiro período chega de súpeto? Todo o que sempre quixeches saber sobre a menstruación (e nunca te atreveches a preguntar) explicado dun xeito directo e divertido para vivir estes cambios con confianza e benestar. Porque ter o período está ben, pero hai que saber como funciona.
Os rapaces son os grandes esquecidos da educación sexual. A maioría aprende como funciona o seu corpo e a súa sexualidade por si mesma a través da pornografía e das bromas cos amigos. Deixámolos absolutamente sós neste tema. Os nenos crecen cunha gran crítica social á masculinidade hexemónica e ao machismo, pero non contan con referencias nin recursos que lles axuden a diferenciarse do que se critica. Por outra banda, familias e persoas educadoras queren criar novos homes pero non saben como facelo. Este libro quere dar resposta a este baleiro e a estas demandas, propondo unha mirada positiva e respectuosa sobre a sexualidade masculina, a primeira exaculación e o seme.
O noso corpo é algo que nos acompaña ao longo da nosa vida e, aínda que poida parecer estraño, ás veces esquecémolo. Seguro que hai partes que coñeces ben e outras que quizais non miraches moito, como a vulva. Co paso do tempo, o noso corpo pasará por moitos cambios e é importante que os coñezamos para crecer con confianza e benestar. Este é un libro imprescindible para que todas as nenas establezan unha relación saudable co seu corpo, para previr problemas e para coñecer todo o que precisan saber sobre o espertar da sexualidade. Porque o noso corpo mola, pero temos que aprender a descubrilo.
Desde que Internet puxo o porno ao alcance de todos, o primeiro contacto con el prodúcese a unha idade cada vez máis nova e o seu consumo na adolescencia disparouse. Neste libro explicamos cinco razóns polas que o porno non é xenial e ofrecémosche ferramentas para que non se converta no teu educador/a sexual. Un libro esencial para que comprendas como che afectará ver pornografía e que poidas tomar as túas propias decisións.
Continuamente, e case desde o momento en que nacemos, recibimos mensaxes sobre o amor que axudan a crear falsos mitos: que para ser felices temos que atopar a nosa media laranxa, que os celos son sinal de amor… Cando a realidade choca con estes falsos mitos, prodúcese unha frustración que provoca infelicidade e que, en casos extremos, pode levar á violencia de xénero. Neste libro atoparás unha serie de retos que che axudarán a reflexionar. A descubrir as túas propias respostas. Afróntalos sen medo, atrévete a pensar á túa maneira. Porque para que a sociedade avance necesitamos xente nova que se atreva a abrazar a realidade en toda a súa complexidade.
O teu corpo é teu e é marabilloso. Ao final do libro saberás un pouco mellor como coidalo. Lucía Serrano en «O teu corpo é teu», coa axuda e o consello de especialistas, fala sobre a sexualidade e a prevención do maltrato a nenos e nenas cunha linguaxe sinxela e directa. Un libro imprescindible.
É un libro que facilita conversas con nenos e nenas de entre 7 e 10 anos sobre os corpos, o xénero e a sexualidade, pero tamén sobre os límites, a seguridade e o pracer. Estas conversacións melloran as nosas relacións e axudaranos a desenvolver habilidades para toda a vida.
Esta sinxela novela gráfica e moi útil para que nenos, nenas e familias lean e aprendan xuntas (ou cada persoa pola súa conta). Ensina temas cruciais para o desenvolvemento de crianzas autónomas e dálles ferramentas para evitar abusos sexuais e violacións dos límites corporais e emocionais que puideran sufrir nas mans de persoas adultas, compañeiros e nenos maiores. E faino con encanto, a través de páxinas moi ilustradas e de imaxes e metáforas claras e contundentes que buscan afastarse da lóxica da culpa e da vergoña.
A natureza vive no noso corpo, e se nos abrimos a escoitala, dános o seu gran poder: o poder de ir a favor de nós mesmas, o poder de coñecer as nosas necesidades cambiantes e atendelas. O maior tesouro da natureza feminina é a capacidade que che dá para apreciar e valorar que todo cambia (dentro e fóra de ti), e que isto é perfecto. Este libro nace para acompañar e moderar ás nenas no seu camiño cara á madurez, pero tamén é un libro para as nais, e para todas as mulleres, porque nos axuda a curar feridas da nosa propia infancia.
Segundo a autora, o obxectivo deste libro non é dicirche como educar ao teu fillo ou filla, alumna ou alumno en relación á sexualidade, senón proporcionarche unha visión realista de todo un mundo que existe en Internet e, moi probablemente, é absolutamente descoñecido para ti. Unha vez que entres en contacto con esta nova realidade á que nos enfrontamos, seguro que saberás cal é a mellor forma de xestionala. A autora tenta, con este primeiro libro, dar visibilidade a unha ameaza real existente para que logo cada unha ou cada un decida como afrontala e defenderse de ela na súa casa ou na súa aula.
Tanto se es un neno coma se es un rapaz, «El Libro Dorado De Los Niños: No Hay Poder Sin Amor» nace para acompañarte e lembrarche o poderoso que eres. Pero tamén é un libro para ti, se xa es home, porque che axudará a curar as feridas que quizais gardas no fondo de ti mesmo. Este é un libro ilustrado cuxas palabras e imaxes parecen susurrar á túa psique que é bo obedecerte, escoitarte… E lémbrache que es moi poderoso dun xeito moi diferente ao que quizais che dixeron antes.
Contan que os indios xa recoñecían ata cinco xéneros entre os membros da súa tribo. Non impuxeron roles de xénero aos seus bebés, cuxa roupa era coidadosamente neutra. E cada persoa tiña a liberdade de crecer e amar ao seu xeito, sen xuízo ao seu redor. Este libro representa unha simple invitación a favor da diversidade. Unha luz violeta no camiño de todas aquelas pequenas e grandes persoas que queren ser felices á súa maneira, sen esconderse tras os ríxidos e penosos moldes culturais e sociais nos que moitas veces nos sentimos implicados e envoltas.
O primeiro caderno de educación sexual. Para que os nenos e nenas o pasen moi ben mentres descobren a puberdade e a sexualidade.Descubrirán a forma máis divertida decoñecer o seu corpo.Crecer é unha aventura emocionante pero estraña, para a que se necesita moita información e boa compañía. Este caderno probará o que nenos e nenas saben e invitará a compartir as súas dúbidas e experiencias coa súa familia , grupo de amizades e profesorado.
E moitos máis exemplares para explorar nesta fascinante biblioteca móbil.
Unha oportunidade única para que o voso centro educativo promova o empoderamento e a información entre o alumnado!