A xeración da igualdade – 2023

A xeración da igualdade 2023

O proxecto desenvólvese ante a necesidade, sobre todo nos centros educativos do rural, de sensibilizar a sociedade ao redor dos temas de igualdade, a erradicaión da violencia de xénero e potenciar a coeducación e a corresponsabilidade.

Deste xeito, as actuacións que plantexamos veñen encamiñadas, todas elas ,a tratar de visibilizar ás mulleres, de potenciar o seu labor e a súa traxectoria na sociedade e de dinamizar unha nova consciencia social en prol da igualdade de xénero.

Tamén programamos actuacións e intervencións que visibilizan os problemas da violencia de xénero, que tratan de educar e concienciar ás crianzas e as persoas adolescentes e sensibilizan as familias e ao profesorado dos centros tratando de chegar a estas persoas dun xeito ameno e lonxe da dogmatización.

As actuacións levanse adiante dende Xaneiro a Decembro de 2023 nos concellos de: Camariñas, Zas, Ponteceso, Mesía, Carballo, Arteixo, Vimianzo, Oroso, Coristanco, Ordes, Laxe, Fisterra, Cee, Frades, Carnota, Cabana de Bergantiños, A Baña, A Laracha, Muxía e outros da provincia da Coruña.

Para poder desenvolver o proxecto contamos co apoio da Deputación da Coruña a través da Subvención: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS DE POLÍTICAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2023 (FOIO0A/2023)

A súa achega foi de 23.800 eur representando un 80% do custe total do proxecto.

Grazas ó seu apoio en 2023 fixeronse más de 155 obradoiros, 6 intervencións e 8 exposicións.

Para ver os resultados do ano pasado fai click aquí.