Espelliño, espelliño: Celebrando a diversidade corporal desde a infancia

Este obradoiro está pensado para reflexionar co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre a diversidade dos corpos e a presión estética que, dende moi pequenas, empezamos a recibir a través da publicidade, os contos, as redes sociais ou os medios.

A través do xogo, a conversa e dinámicas participativas, falaremos de:

– Cómo son realmente os corpos na vida real?

– Por que moitas veces non nos vemos representadas/os?

–  Que mensaxes recibimos sobre cómo “debería ser” un corpo?

– Como aprender a mirarnos —e mirar aos demais— con respecto, cariño e liberdade?

O obxectivo principal é crear un espazo seguro, amable e respectuoso onde as persoas participantes poidan expresarse libremente, compartir experiencias arredor do corpo, da beleza e da identidade, recoñecerse en outros corpos diversos e construír colectivamente unha visión máis inclusiva e xusta da beleza.

Obradoiro_espelliño_espelliño_celebrando_a_diversidade corporal desde a infancia