A setima tempada deste proxecto tivo como obxectivo sensibilizar a sociedade ao redor dos seguintes temas: igualdade, erradicación da violencia de xénero, potenciar a coeducación e a corresponsabilidade. Desenvolveuse, coma sempre e sobre todo, nos centros educativos do rural
As principais actuacións que plantexamos adicaronse a tratar de visibilizar ás mulleres e a potenciar o seu labor e a súa traxectoria na sociedade, para dinamizar unha nova consciencia social en prol da igualdade de xénero. Obradoiros tales coma «Conectando co meu ciclo» ou «A comunidade vagalume», intervencións coma «Sexualidade na aula: comprender para acompañar», exposicións coma «Sen elas non hai…» ou recursos coma «A biblioteca itinerante» que conta con moitísimas novidades, foron as nosas principais ferramentas de traballo.
En 2025 desenvolvemos 133 obradoiros e 28 intervencións complementarias, das cales 16 corresponden a exposicións e 12 á biblioteca itinerante.
Traballamos para visibilizar os problemas da violencia de xénero, tratando de educar e concienciar ás crianzas e as persoas adolescentes, de sensibilizar as familias e ao profesorado dos centros, chegando a estas persoas dun xeito ameno e lonxe da dogmatización.




As actuacións levaronse adiante dende Xaneiro a Decembro de 2025 nos concellos de: A Laracha, Coristanco, Camariñas, Laxe, Oroso, Dumbría, Zas, Malpica de Bergantiños, Muxía, Carnota, Carballo, O pIndo, Brión, Cee, Arteixo, Ponteceso, Cambre, O Pino, Vimianzo, Bergondo,Santa Comba, Mugardos,A Baña, Sada, Frades, Ordes, Tordoia, Culleredo e outros da provincia da Coruña.
Para poder desenvolver o proxecto contamos co apoio da Deputación da Coruña a través da Subvención: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS DE POLÍTICAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2025 (FOIO0A/2025)
A súa achega foi de 23.200 eur representando un 80% do custe total do proxecto.
O 20% restante completouse con aportacións das socias e socios da asociación.
