A sexta tempada do proxecto desenvolveuse, coma sempre e sobre todo, nos centros educativos do rural. Co obxectivo de sensibilizar a sociedade ao redor dos temas de igualdade, a erradicaión da violencia de xénero e potenciar a coeducación e a corresponsabilidade.
As principais actuacións que plantexamos adicaronse a tratar de visibilizar ás mulleres e a potenciar o seu labor e a súa traxectoria na sociedade, para dinamizar unha nova consciencia social en prol da igualdade de xénero. Obradoiros tales coma «Conectando co meu ciclo» ou «A comunidade vagalume», intervencións coma «Educación sexual en familia», exposicións coma «Sen elas non hai fotografía» ou recursos coma «A biblioteca itinerante» foron as nosas principais ferramentas de traballo.
En 2024 desenvolvemos máis de 153 obradoiros, 1 intervención, 8 exposicións e 3 recursos.
Traballamos para visibilizar os problemas da violencia de xénero, tratando de educar e concienciar ás crianzas e as persoas adolescentes, de sensibilizar as familias e ao profesorado dos centros, chegando a estas persoas dun xeito ameno e lonxe da dogmatización.
As actuacións levaronse adiante dende Xaneiro a Decembro de 2024 nos concellos de: Agualada, Coristanco, Ordes, Fisterra, Cee, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Val do Dubra, Oroso, Arteixo, Camariñas, Muxia, O Pindo, Carnota, Ponte Carreira, Laxe, Vimianzo, Zas, A Baña, Ponteceso, A Laracha, Santa Comba e outros da provincia da Coruña.
Para poder desenvolver o proxecto contamos co apoio da Deputación da Coruña a través da Subvención: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS DE POLÍTICAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2024 (FOIO0A/2024)
A súa achega foi de 24.000 eur representando un 80% do custe total do proxecto.
O 20% restante completouse co apoio do Ministerio de Igualdade, a través da subvención pública para programas e proxectos de concienciación, prevención, sensibilización, investigación e innovación para a erradicación das diferentes formas de violencia contra as mulleres (2024)