Na actualidade , resulta preocupante a evolución das prácticas sexuais de risco e da violencia de xénero na adolescencia. Por unha banda, o uso de preservativo descendeu notablemente nos últimos anos. Por outra , 1 de cada 5 mozos cren que a violencia machista é un invento ideolóxico e 1 de cada 4 pensa que o feminismo quere prexudicalos.
Nesta liña , a violencia sexual na adolescencia aumentou considerablemente. Gran influencia nesta última ten o consumo da nova pornografía, así como unha educación afectivo – sexual insuficiente e tardía.
A raíz destes datos, resulta clave reflexionar sobre a importancia de achegar ós e ás adolescentes información veraz sobre sexualidade, fomentando que vivan relacións afectivo-sexuais plenas e saudables.
Buscase así, en este obradoiro, crear un espazo de seguridade no que podan resolver todas as dúbidas e mitos, intentando romper estereotipos e falsas crenzas. Principalmente, desmontando as aprendizaxes da pornografía e fomentando o desenvolvemento de relacións afectivo-sexuais asentadas na igualdade e o respecto.
Para conseguir estes obxectivos, abordaranse aspectos tan importantes como os métodos de barreira e /ou anticonceptivos, as ITS, a intimidade, as emocións nas relacións afectivos-sexuais, etc.