A división sexual do traballo fai referencia á forma en que cada sociedade organiza a distribución do traballo entre homes e mulleres, segundo os roles de xénero establecidos que se consideran axeitados para cada sexo.
Dado que estes roles teñen un valor sexual diferente, a división sexual do traballo tradúcese en relacións de poder xerárquicas e polo tanto en desigualdade. Nesta ecuación o traballo doméstico e de coidados, asignado ás mulleres, carece de recoñecemento e visibilidade, sendo tamén traballo non remunerado.
A desvalorización do traballo que adoitan facer as mulleres desprázase ó espazo público e ao mercado laboral, ocupando os traballos máis precarios e peor remunerados ou invisibilizando á muller e ás súas achegas, como ocorreu con moitos oficios artesáns.
Un destes oficios onde se aprecia a división sexual do traballo é o da alfarería, onde as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental e importante neste campo pero carecen de recoñecemento social polas súas aportacións.
Con esta actividade pretendemos dar voz a algunhas das mulleres máis relevantes da Olería de Buño, fazendo unha demostración ó torno tradicional que realiza Marilá (mestra oleira) á cal acompañamos coa exposición biográfica «Sen elas non hai olería» e cun obradoiro sobre a división do traballo e os roles de xénero nos oficios artesáns que ainda imperan na nosa sociedade.
Para rematar ofrecemos ó alumnado un obradoiro de moldeado de barro.